domingo, 29 de abril de 2012

Humberto França, Presidente do Movimento Festlatino, participará nos Seminários do Festlatino em Mendoza (2 e 3 de maio)  e Montevideu (7 e 8 de maio). Fará  também palestras na Universidade da República Uruguai (9 de maio)  e no Instituto Simões Lopes em Pelotas - Rio Grande do Sul (10 de maio0

domingo, 8 de abril de 2012

GRANDE PÚBLICO NO FESTLATINO DE AVEIRO

AUDITÓRIO NO FESTLATINO NA UNIVERSIDADE DE AVEIRO EM 21 DE MARÇO DE 2012

FESTLATINO EM SANTIAGO DE CAMPOSTELA - ABRIL 2012

A proxección internacional da cultura galega precisa non só dunha clara reorientación das políticas públicas, senón de impulsar estratexias para o intercambio coa lusofonía. Son algunhas das conclusións que poden tirarse do encontro Festlatino, celebrado no Consello Cultura Galega
O escritor Suso de Toro, a profesora e cineasta Margarita Ledo e o editor Manuel Bragado, incidiron nunha mesa sobre a proxección exterior da literatura e do audiovisual de Galicia na importancia do apoio público a un sector, -salientou de Toro-, marcado pola invisibilidade. Bragado propuxo, pola súa banda, a formación dunha Oficina do Libro Galego no exterior.
“É indubidable que precisamos contar cunha estratexia de país”, sinalou Bragado, e lembrou o proxecto de creación do Instituto Rosalía de Castro, que no seu día asumiron todos os grupos parlamentarios, pero que o bipartito non recolleu na Lei do Libro do 2006. “Agora sería absurdo tratar de recuperar esta idea”, -asegurou-, dadas as circunstancias políticas e orzamentarias. Mais si sería posible, -ao seu ver-, coa implicación de todo o entramado asociativo e institucional, impulsar unha entidade máis modesta, unha Oficina do Libro Galego.
A cuestión é, -asegurou-, “abandonar a táctica curtopracista”, e acoller proxectos asumibles  como esta oficina, pois non se trata de “montar unha institución cun orzamento millonario”. Recordou, tamén, avances que se produciran na proxección internacional do libro como a marca Galician Books, que non tivo continuidade despois do goberno bipartito.
Máis dura nas súas críticas á actual Xunta amosouse Margarita Ledo. “Houbo políticas para facer desaparecer o cinema”, afirmou. “Estes 25 anos foron un engano, unha dilapidación de cartos, e todo pensado para o final que temos agora, que é a caída do sector”, engadiu.
A televisión pública, -subliñou-, “non chegou a configurar un espazo para cine galego” como podería ser unha segunda canle. É máis, “a decisión de pechar Flocos.TV non se tomou por motivos económicos, senón políticos”. Desde a Universidade de Santiago trabállase na proxección exterior do cinema, -explicou-, desde a filosofía non da multiculturalidade entendida como convivencia de guetos de diferentes culturas, senón da interculturalidade, concibida como “facer ver a cultura do outro”. E as experiencias neste sentido demostran, -concluíu-, que a recepción do cinema en versión orixinal en galego no exterior é moi positiva.
Os recortes e restricións á cultura responden, ademais, na súa opinión, a un intento de “convencernos de que non a necesitamos, de que é supérflua, cando é parte fundamental da cidadanía, da igualdade...”. Reclamou, ademais, que exista “unha soa pantalla en Santiago” para ver cinema galego, -alén do que puntualmente proxectan os cines Compostela, os únicos con certo compromiso neste sentido-, e a deslocalización do CGAI.
A sesión da tarde acolleu outra mesa redonda, na que interviron Enrique Sáez, da Fundación Juana de Vega, o profesor e membro da Real Academia Galega Francisco Fernández Rei e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O primeiro demandou que o portugués se imparta como materia optativa en todos os centros públicos e privados de Galicia. “Temos que convencer os galegos de que teñen unha lingua internacional, e para min isto non é unha cuestión de ortografía. A xente ten que saber que o galego é un instrumento que lle permite comunicarse en todo o mundo", apuntou.
Tras Fernández Rei, -que reivindicou os alumnos e alumnas dos cursos de lingua galega para estranxeiros como “embaixadores" da nosa cultura e defendeu afondar nas relacións co Instituto Cervantes e co Instituto Ca­mões dada a afinidade lingüística e cultural-, Valentín García anunciou que Política Lingüística está a preparar a campaña O galego, unha oportunidade de negocio no mundo en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais.
O secretario xeral salientou a vantaxe que o dominio do galego supón para que as empresas poidan abrirse camiño nos países lusófonos. “Lembraremos que o galego nos da acceso a 250 millóns de falantes en todo o mundo”, asegurou, e mesmo citou as reflexións de Valentín Paz-Andrade sobre a conexión dos galegos coa lusofonía a través do idioma. -O concepto lusofonía foi, por outra banda, cuestionado no encontro por non resultar en todos os países recoñecible-.
Tal como salientou o moderador da mesa, Henrique Monteagudo, vaise abrindo camiño a estratexia de “poñer en valor ese capital cultural” que representa o galego na lusofonía. De feito, declaracións nese sentido, confluentes co que é unha demanda histórica do reintegracionismo, producíronse nos últimos anos desde as principais institucións, sen entrar no debate normativo.
Henrique Monteagudo, professor da Universidade de Vigo, Ramon Villares,, Presidente do Consello da Cultura Galega e Humberto França, presidente e fundador do Movimento Fetlatino, na abertura do evento em Santiago de Compostela, em 3 de abril de 2012.
Foto: Consello da Cultura Galega

HUMBERTO FRANÇA, O EMBAIXADOR SEIXAS DA COSTA E DOMÍCIO COUTINHO NA EMBAIXADA DE PORTUGAL EM PARIS


DR. RAMON VILALRES, PRESIDENTE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA ABRE O SEMINÁRIO DO FESTLATINO EM SANTIAGO DE COMPSOTELA - ESPANHA

CERIMÔNIA DE ABERTURA DO FESTLATINO EM PARIS NA EMBAIXADA DE PORTUGAL 28 DE MARÇO DE 2012

SESSÃO DO FESTLATINO NA UNIVERSIDADE DE AVEIRO PORTUGAL 21 DE MARÇO DE 2012